Somos un grupo de trabajo del curso de Postgrado de Especialización en Orientación laboral año 2016

miércoles, 27 de julio de 2016

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 1

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 1

  1.  Marco de referencia da orientación laboral  




A Orientación Laboral no contexto ctual : 5 Escenarios
Crisis Ideoloxíca
Fin do neoliberalismo e emerxencia de novos valores.
Política
Desmantelamento da democracia.
Social
Desigualdade crecente entre grupos-
Cultural
A cultura  dominante  elimina ao sujeto crítico.
Científico - Tecnolóxico
As TIC levanos a ignorancia e infoxicación.











ORIENTACIÓN
Proceso permanente de interación, que se dá ao longo de toda a vida das persoas.
Atende a persoa considerando o seu contexto.
É unha práctica psicopedagóxica.
É parte integradora do proceso de madurez persoal, profesional
e social  para a toma de decisions coa finalidade  de lograr a inserción laboral.
Fundamentase nos principios de prevención, desenrolo, atención e apoio a diversidade de persoas.
Asume funcións de diagnóstico, información, asesoría, asistencia e axuda.


    As competencias de emprego repártense da seguinte forma: 

    • Lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica: EXCLUSIVA DO ESTADO. 
    • Políticas Pasivas de Emprego (todo o referente ás prestacións e subsidios por desemprego): EXCLUSIVA DO ESTADO. 
    • O desenvolvemento e execución das Políticas Activas de Emprego: COMPETENCIA TRANSFERIDA A GALICIA DESDE O ANO 1997.

    O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Desde esta estrutura estatal se promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.

    1.  O Mercado Laboral





    O poseedor do traballo é o traballador (oferta), polo que a demanda de traballo está en mans das empresas.



    O traballo é un factor de producción e o emprego é o posto de traballo no que se "emprega".







    Compoñentes do mercado laboral:

      • Oferta de traballo 
    • Oferta de traballo individual 
    • Oferta de mercado = suma da oferta individual = poboación activa = ocupados + parados 
      • Demanda de traballo 
    • Demanda de traballo individual 
    • Demanda de traballo de mercado



    Principais indicadores do mercado laboral (Taxas segundo a EPA)


    • Taxa de actividade: cociente entre poboación activa e poboación en idade de traballar.
    •  Taxa de emprego: cociente entre poboación ocupada e poboación en idade de        traballar.
    • Taxa de paro: cociente entre poboación desempregada e poboación activa.
    • Taxa de dependencia: cociente entre poboación maior de 65 anos e poboación en idade de traballar.

          
    Clases de Paro
    Friccional
    Estructural
    Cíclico
    Estacional

    Dúas vertentes
    Clásicos
    A disminución dos soldos conleva
     as empresas a unha maior contratación
    O paro é consecuencia da rixidez dos salarios
    Keynesianos
    Os axentes sociais non aceptan a baixada de salarios o que impide o aumento da demanda de traballo
    O paro é consecuencia da demanda agregada















    Ferramentas para o estudo do mercado laboral
    Observatorio Ocupacional del Servizo Público de Emprego Estatal
    Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego de Galicia
    O Observatorio Europeo do Emprego (OEE)
    A prospección do mercado de traballo

       


              3.  CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL





    ESQUEMA BÁSICO SOBRE OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

    No ámbito laboral e para acceder ao mercado laboral, 

    • Os certificados de profesionalidade son un instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais. 
    • Estes cualifican segundo os requirimentos do mercado laboral. 
    • Teñen 3 niveis de cualificación profesional. 
    • A referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade que está estruturado en 26 familias profesionais coas súas correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.

    Para obter a acreditación da cualificación profesional tes dúas vías:

    • Realizar cursos convocados e aprobados pola Consellería de Traballo e Benestar dentro das accións formativas para a formación para o emprego. 
      • A maioría da oferta formativa actual é de cursos de certificados de profesionalidade. 
    • Iniciar un proceso de recoñecemento da experiencia laboral (REXP) e vías non formais de formación na Consellería de Traballo e Benestar. 

    Os requisitos formativos para poder cursar Certificados de profesionalidade están recollidos na seguinte normativa:


    • RD 189/2013, do 15 de marzo
    • Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro 2014
      • Para nivel 1 Non hai requisitos.
      • Para nivel 2 ESO o titulacións equivalentes .
      • Para nivel 3 Bacharelato o titulacións equivalentes.

    Se non tes os requisitos formativos tes as seguintes opcións:

    • Presentarte as probas de competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.
    • Acreditar un certificado de profesionalidade cos seguintes casos:
      • Superar un certificado de nivel 1 que te permite cursar un certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional. 
      • Superar un certificado de nivel 2 que te permite cursar un certificado de nivel 3 da mesma familia e área profesional. 
      • Ter un certificado do mesmo nivel profesional.
    • Superar un curso de competencias clave aprobado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.


    O superar as probas de competencias clave sirve exclusivamente para poder realizar cursos de certificados de profesionalidade, sen ter validez académica.




     4.  A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA










    • Os obxectivos das politicas europeas ao longo do tempo:
    ESTRATEXIA EUROPEA DE EMPREGO
    (Cumbre Euopea de Luxemburgo 1997)
    Empregabilidade
    Espiritu de empresa
    Adaptabilidade dos postos de traballo
    Igualdade de oportunidades
    EUROPA 2020
    (Unha estratexia para un crecemento intelixente, sostible e integrador)
    5 Obxectivos
    Empregar ao 75% da poboacion  de entre 20 e 64 anos
    Inversión do 3% do PIB da UE en I+D
    Obxectivo 20/20/20
    Abandono escolar menor do 10%
    e a poboación xoven con estudos superar o 40%
    Reducir en 20 millons as persoas
     en risco de exclusión social


    • Instrumentos da Estratexia Europea de Emprego:  
        • As directrices de emprego. 
        • Os Plans Nacionais de Emprego (PNE). 
        • Informes. 
        • Recomendacións.

    •  Prioridades e iniciativas:
      • Crecemento intelixente: axencia dixital para Europa, unión pola innovación e xuventude en movemento. 
      • Crecemento sostible: utilización eficaz dos recursos na UE. 
      • Crecemento integrador: axenda de novas cualificacións e empregos e plataforma europea contra a pobreza.


    Tipos de Axudas
    Axudas Directas
    Rede EURES
    Programa Europeo do Emprego e a Innovación Social (EaSI)
    Microfinanciación e emprendemento social
    PROGRESS
    FEAG (Fondo Europeo de Adaptación a Globalización)
    Iiciativa de Emprego Xuvenil
    Axudas Indirectas
    Fondo Social Europeo (FSE)



        5. A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO                 MERCADO LABORAL




















        • Os beneficios sociais da creación de empresas
        1. Creación de emprego.
        2. Creación de riqueza e benestar social.
        3. Aumento da competitividade.

        • Principais factores de desmotivación para emprender
        1. As barreiras mentais dos propios individuos a ser empresarios debido á tradicional falta de valoración social. 
        2. A falta de ideas de negocio e o descoñecemento do sector por inexperiencia laboral. 
        3. A falta de formación específica para o emprendemento dun proxecto empresarial. 
        4. A falta de financiamento ou as escasas posibilidades de obtelo. 
        5. O temor ao fracaso e os medos persoais.


        • A economía social

    A Economía Social e as súas empresas presentan unhas características que as diferencian das empresas capitalistas ordinarias. Estas características son:

                             1. Primacía das persoas e do fin social sobre o capital.
                           2. Aplicación dos resultados ao fin social da empresa.
                           3. Promoción da solidariedade interna e coa sociedade.



        • O proceso de creación de empresas

    • idea é o proceso mental a partir do cal se converte un concepto inicial nunha oportunidade. que emprender?
    • Persoa emprendedora é aquela que foi capaz de concibir a idea, a persoa sobre a que vai recaer a responsabilidade da iniciativa e posta en marcha da nova empresa. quen? e por que emprender?
    • Plan de empresa é un documento no que se plasman todas as reflexións realizadas para darlle forma á idea e convertela nun proxecto empresarial. como emprender?

        • O modelo de negocio ou deseño empresarial e o plan de empresa





    O modelo CANVAS é a ferramenta cualitativa que serve para confeccionar deseños empresariais (modelos de negocio). O modelo Canvas permite, a partir da idea para pór en marcha a empresa, elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.

    O modelo confecciónase nun diagrama u lenzo denominado CANVAS no cal se trata de responder a catro preguntas básicas do deseño de empresa: como?, que?, quen? e canto? que se corresponden coas catro áreas que constitúen o armazón do proxecto: infraestrutura (como), oferta (que), clientes (quen), finanzas (canto).

    O Plan de Empresa é unha ferramenta de comunicación tanto interna como externa:
    • De comunicación interna porque serve para poñer por escrito aspectos do negocio que previamente discutiron os promotores do proxecto, recollendo o compromiso que adquire cada un respecto dos demais. 
    • Desde o punto de vista da comunicación externa, ao requirirse para a posta en marcha da empresa financiamento externo, axudas públicas e subvencións, o Plan poderase empregar para mostrar ás entidades financeiras e organismos aos que se lle solicite financiamento en que vai consistir o proxecto e as razóns da súa viabilidade.





    Un Plan de Empresa coherente e elaborado con dedicación e esforzo persoal pon en evidencia que a persoa emprendedora se toma en serio o seu proxecto e que está capacitada para asumir o reto de emprendelo, pois controla e previu multitude de aspectos de funcionamento da súa futura nova empresa.

    Debemos acabar indicando que a utilidade do Plan de empresa pódese concretar dicindo que serve para:

    • Darlle forma á idea 
    • Acoutar a actividade 
    • Planificar a estratexia 
    • Coñecer a viabilidade 
    • Avaliar e controlar a evolución do proxecto 
    • Dar a coñecer o proxecto a terceiros 
    • Buscar financiamento

    Reflexión Personal

    Os contidos do módulo parecenme interesantes e necesarios para poder realizar unha  boa labor como orientador laboral.

    É importante que sigamos mantendo  a nosa formación actualizada e acorde as necesidades do mercado laboral.

    A forma de desenvolver o curso de maneira semipresencial fai que teña que seguir os contidos de forma mais activa.

    En canto as sesións das TIC (twitter e blog) non utilizadas por min pero si coñecidas fan que me poña o día no seu uso, algo imprescindible na sociedade de hoxe en día.

    A plataforma gustaríame que fose un pouco máis organizada.

    Para saber máis:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario